A publicación dun vídeo da influencer viguesa Rebeca Stones no que relataba as súas dificultades para expresarse en galego converteuse nun fenómeno viral que transcendeu o ámbito das redes sociais. Cunha comunidade de máis de medio millón de seguidores, Stones compartiu o seu intento de recuperar a lingua propia e as inseguridades que ese proceso lle xera. A reacción foi inmediata e intensa, non tanto por un erro concreto de pronunciación, senón polo debate colectivo que se abriu arredor do uso do galego con interferencias e castelanismos.
Para contextualizar este episodio, falamos con Martín Vázquez, investigador da Universidade de Santiago de Compostela e da Real Academia Galega, especializado no estudo dos neofalantes. Doutor pola Universidade de Vigo, Vázquez analiza o fenómeno desde unha perspectiva estrutural e rexeita simplificacións: define o contexto galego como un ecosistema lingüístico “tremendamente complexo”.
Ver en Galicia Confidencial