Este 21 de novembro, o Consello da Cultura Galega organiza o ciclo “Novos relatos da violencia machista” cunha xornada de faladoiros, mesas redondas e a proxección do documental Cosas de hombres. O evento busca abordar a “narrativa misóxina” que tenta sumar vulnerabilidade á percepción da figura feminina e que é perceptible nos diferentes eidos vitais da sociedade: cultura, vínculos, ocio…
En conmemoración do 25N, a institución e diferentes tecidos relacionados co colectivo feminino ‒dende profesionais da psicoloxía a creadoras de cultura con perspectiva de xénero‒. Algunhas das temáticas que serán analizadas son a actitude da mocidade ante as violencias, as diferentes tipoloxías de masculinidades ou o machismo perceptible nos contidos de ficción.
Hora e lugar
A inscrición é gratuita, cun máximo de cen prazas a ser cuberto. As sesións serán iniciadas a partir das 9:45 horas da mañá nas instalacións do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela.