Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Comeza o 2021 lendo banda deseñada en galego

A editora Demo Editorial tirou do prelo este mes de decembro Destino Santiago, unha obra de carácter humorístico que achega á novena arte a experiencia persoal de Helder Rodrígues Parrinha na súa peregrinación á capital galega.

Nun momento de crise persoal e laboral, Helder decide facer o Camiño de Santiago. A súa ruta xacobea polo Camiño do norte está contada con humor e dinamismo, e co pouso de verdade da experiencia vivida. Destino Santiago é unha ollada diferente e fresca sobre a peregrinaxe a Compostela.

Leave a comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.