Shannon T. Emery é dos Estados Unidos e leva catro anos vivindo en Galicia.
Hai un ano e medio decidiu dar o paso e aprender a falar en galego porque lle gustaba moito e porque quería integrarse máis na cultura.
"O galego é parte da cultura de Galicia e para min era moi importante" porque, explica, "no…
Elena Veres, xornalista que traballa no sector audiovisual, comezou falando en galego como moita xente: ao chegar á Universidade.
Grazas ás súas amizades, integrou o galego na súa vida como unha sinal de identidade e levouno con ela á casa. "Aínda que non mo diga, sei que o meu é o que máis se alegrou de…
Teresa Fraga ten 25 anos e é neofalante.
Sempre falou castelán, pero cando chegou á universidade o ambiente cultural e ver que en ambientes e situacións normativas tamén se utilizaba o galego, fixo que cambiara de lingua.
Segundo ela, todo o que se fai na vida é unha acción política, como tamén o é falar galego e…
O estudante de linguas alemán Simon moll decidiu aprender a nosa lingua cando veu a Galicia de Erasmus no 2021.
Pareceulle moi interesante a nosa lingua, polo que quixo "aproveitar esta situación".
Para el, aprender galego foi algo moi positivo porque falar galego é moi importante xa que, sostén, o galego convive nunha situación de desigualdade con…
Anxo Lamelo é asesor cultural, actor, biólogo... E neofalante.
Desde pequeno escoitou a lingua na súa casa, xa que o seu pai faláballe en galego, mais a escolarización fixo que o "perdera todo" e que vivira "de costas" ao galego.
Porén, na época na que marchou a estudar fóra coincidiu con amizades que fixeron que retomara o…
Raúl Barrantes, ten 29 anos e é de Costa Rica.
Decidiu aprender a falar galego porque "lle gusta" e é "moi feliz" por que a lingua sexa parte da súa vida.
Ademais, anima á xente no seu día a día a falar o galego, porque é "unha cultura de Galicia que debemos aproveitar" a pesar dos estigmas…
Iria Chousa, encargada do departamento de márketing dunha empresa de investimento, decidiu mudar de lingua aproveitando que dúas rapazas que entraron novas á súa oficina "falaban un galego fermoso".
Ademais, ao medrar a súa filla, deuse de conta de que tiña unha responsabilidade como nai trasladar a lingua á súa filla, como unha oportunidade de ofrecerlle…
Amauta Castro, nado no País Vasco e cun pai andaluz e unha nai galega, foi criado integramente en castelán.
Decidiu cambiar de lingua na época da mocidade, cando ao vir a Galicia se percatou da situación do noso idioma en comparación coa do castelán.
Non foi un proceso sinxelo, xa que, explica "falar galego fíxome perder certas…