Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Coñece novas experiencias para saber cal é o presente e o futuro para a nosa lingua

Esta primeira semana de febreiro estivo marcada pola presentación de dous proxectos que promoven o uso do galego na rede. Ambos utilizan o vídeo para divulgar diferentes elementos da lingua galega. O primeiro, as "Brincadeiras da lingua", unha serie de vídeos difundidos polo Portal da Lingua Galega sobre os ditos e os recitados infantís tradicionais.…

Unión de todo o sector do audiovisual para que o galego estea presente na Lei do Audiovisual

A normalización lingüísta ten que pasar si ou si polo sector audiovisual, un sector chave para a difusión da lingua. Por isto, dende o Grupo de Estudos Audiovisuais, a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización CREA, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación (AGPTI), a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG),…

Que hai detrás do Benidorm Fest?… Por que o xurado non quere unha canción en galego e “sen fronteiras”

Esta edición do Benidorm Fest estará marcado pola palabra #tongo. Unha palabra que se fixo viral e mesmo foi trending topic nas dúas ocasións nas que participaron as Tanxugueiras. As 'diferenzas' entre o criterio do público e o do xurado volveron evidenciar que un suposto xurado de cinco "profesionais" teñen máis poder que millóns de…

Gustariache participar nun roteiro da lingua galega polo centro de Santiago?

As máis de 30 cabeceiras que forman parte de AMEGA e os máis de 140 medios que fan comunicación na nosa lingua festexarán un ano máis o 'Día dos Medios en Galego', unha celebración que lembra a saída da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, 'O Tío Marcos d’A Portela', en 1876. Será cun roteiro lingüístico en Santiago de Compostela…

As bágoas das Tanxugueiras no Benidorm Fest: “Representamos un proxecto diverso que loita polas linguas cooficiais”

Chegou o día das Tanxugueiras. O trío folk feminino, formado por Aida Tarrío e Sabela e Olaia Maneiro, puido por fin mostrar o seu talento ante toda España na primeira semifinal do Benidorm Fest. Saíron á media hora e encheron o escenario do festival coa súa forza e enerxía característica que provocou que fosen as…

O galego-portugués, a lingua do erotismo medieval

O profesor portugués Victor Correia elaborou unha selección de 150 cantigas eróticas de 50 autores diferentes. Esta antoloxía titulada "Poemas eróticos dos cancioneiros medievais galego-portugueses" traducida ao portugués contemporáno foi todo un éxito no país veciño. A Idade Media destaca polo poder eclesiástico. A cristiandade e os seus valores impoñéronse, polo que ninguén podería supoñer que…