A xornalista italiana afincada en Galicia Alice Piccardi contou na sétima edición do proxecto LGx15 a súa experiencia co idioma ao chegar e vivir en Galicia e, por suposto, falando galego. O seu primeiro contacto co galego foi a través da web da Universidade de Santiago de Compostela (USC) na procura dun destino de Erasmus.…
Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
Transmisión interxeracional, incorporación de novos e novas falantes, recuperación de quen deixou usar a lingua, é imprescindíbel para a supervivencia do galego, e só é posíbel se existen espazos de uso normal, como este mesmo neofalantes.gal, unha iniciativa que debemos saudar e difundir.
Se temos en conta que a…
Pilar Ponte é profesora de lingua e literatura no IES Félix Muriel de Rianxo e impulsora do proxecto de dinamización lingüística ’21 días co galego e máis’, que xa suma máis de 3.500 participantes de diferentes institutos. A través del, Ponte busca sacar o galego das aulas e promover a reflexión persoal sobre os usos…
O profesor de lingua e literatura galega, Cándido Paniagua, aproveitou o éxito de Tanxugueiras para darlle un novo pulo as súas clases. A través da música e da cultura galega ensina diferentes cuestións de sociolingüínstica, vocabulario ou fonética, así o comentou nunha entrevista ao Nós Diario.
"Considero que o alumnado é o futuro, hoxe o futuro…
Rodri Míguez é un xornalista musical, 24 anos, de Redondela. Deu o paso e mudar de lingua por convicción política hai case dous anos, antes da pandemia, tras pasar dous anos en Madrid e decatarse, tras voltar a Galicia, que non sabía falar a súa propia lingua.
"Cando cheguei non tiña capacidade para facer un traballo…
Esta primeira semana de febreiro estivo marcada pola presentación de dous proxectos que promoven o uso do galego na rede. Ambos utilizan o vídeo para divulgar diferentes elementos da lingua galega. O primeiro, as "Brincadeiras da lingua", unha serie de vídeos difundidos polo Portal da Lingua Galega sobre os ditos e os recitados infantís tradicionais.…
Anxos Sobriño Pérez, presidenta da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
Eu expreseime en galego desde que comecei a falar. Non é mérito meu, foi decisión, consciente ou non, das persoas adultas que me rodeaban; tamén xogou un papel importante no mantemento da lingua o ambiente en que me criei, onde os nenos e…
A normalización lingüísta ten que pasar si ou si polo sector audiovisual, un sector chave para a difusión da lingua. Por isto, dende o Grupo de Estudos Audiovisuais, a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización CREA, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación (AGPTI), a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG),…