Carmen Veiga naceu en Madrid, pero casou cun barreirense e xa pasou toda a vida en Galicia.
Di que ao principio, cando empezou a falar galego, ríanse dela, polo que decidiu levar o galego ás aulas, onde os nenos non eran tan crueis.
Agora e desde aquela, sempre fala en galego porque explica “eu sei falar moi ben o castelán, pero é que son galega”.