Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Que pasa, Masterchef, que os percebes saben mellor con acentiño galego????

"Quiero que me vendáis estos percebes como si fuéseis el mejor percebeiro gallego". Así arrinca o punto do programa Masterchef que vén de causar polémica entre os afeccionados ao concurso en RRSS. A frase, pronunciada pola presentadora Eva González, foi continuada polos outros dous condutores do programa cun breve sketch no que imitaron o acento galego,…

“Rompendo” con poesía en galego dos anos oitenta… ‘Que hostia din os rumorosos?’

'Rompente Grupo de Comunicación Poética' regresa 40 anos despois cun novo espectáculo interdisciplinar no que a poesía se dará a man do audiovisual, a música e a posta en escena, unha xira na que o conxunto creado por Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel Romónpercorrerán un total de oito municipios galegos. O calendario de actuacións de 'Algo que…

Coñecendo máis as Cantigas de Amigo

A Coruña, 20 de outubro de 2021.- O Salón de Graos da Facultade de Filoloxía acollerá os días 21 e 22 de outubro o Coloquio Internacional Editar cantigas (de amigo) no século XXI. Organizado ao abeiro do Grupo de Investigación ILLA, foi concibido como un foro para debater problemas da edición e do estudo do cancioneiro galego-portugués,…

O pan tamén fala galego

“E se o pan é galego, en que lingua vai falar?”. O concello de Redondela vén de lanzar unha campaña a prol do etiquetado en lingua galega dos produtos do país. A iniciativa, que parte do departamento de Normalización Lingüística en colaboración da Asociación de Empresarios de Redondela, está dirixido fundamentalmente ao sector das panadarías…