O teense Andrés Couso anima a todos a “subir ao tren” de falar galego, realizando unha viaxe da que “é difícil saír”. Como acontecera coa súa nai, Andrés foi educado en lingua castelá. No referente ao uso do galego dentro do contexto familiar, este neofalante apunta unha referencia clara: seu bisavó. Este explica o sentir de Andrés dunha “espiniña cravada” durante anos que, ao acadar 4º da ESO, conseguiu arrincar ao facerse cunhas “amigas galegofalantes de toda a vida”.
A través dunha delas púidose aproximar ao mundo do folclore e a música tradicional galegas, en concreto á danza e pandeireta. Nestas artes, especialmente nas cantigas, Couso apunta a existencia de certas verbas e frases que “non se aprenden pero están dentro da nosa cultura”.
Hoxe, emprega o galego en “todos os ámbitos da vida, menos na casa”. Debemos romper esas “costumes” lingüísticas? Couso corrobora a posibilidade da creación de contaxios positivos en favor do galego, ata aí onde están máis arraigadas! O hábito fai ao neofalante!