Andrea Rey ten 29 anos e é de Ribadumia e só hai catro meses que empezou a falar en galego, pero o fixo con ganas ao promover o seu proxecto ‘Movemento’ en galego.
Explica que sentiu o estigma, que segue a “ser forte”, pero sostén que ela non se deixa minar a súa dignidade como galegofalante e sostén que, para ela, “falar galego é defender as miñas raíces”.