Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, trasladou a denuncia dende a institución de que a Xunta de Galicia continúa a non reaccionar ás esixencias da sociedade galega mobilizada, hai un mes en Santiago de Compostela, en favor dun “cambio de rumbo” na xestión pública da lingua galega.
O presidente, asemade voceiro da plataforma Queremos Galego, recordou nun comunicado que “ata hoxe as únicas reaccións da Xunta e do PP aos datos da emerxencia lingüística extrema e á reacción social foron reaxir en contra do galego no Parlamento, rexeitando propostas de cumprimento do PXNLG e a oficialidade do galego na UE”.
A organización denunciou, asemade, a desigualdade do “pacto polo galego” administrativo en comparación co “PXNLG aprobado por unanimidade hai 20 anos”. Este acollía medidas como reunións co propio goberno, campañas sen acción ou a apropiación de campañas, segundo apuntan os integrantes do tecido.