Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

A certificación da lingua galega supera as 3.500 matrículas este 2024

Este ano, a Xunta de Galicia recibiu máis de 3.500 solicitudes para a certificación do coñecemento da lingua galega. José López, conselleiro de cultura, fixo público o dato nunha visita ás instalacións do instituto Antonio Fraguas de Santiago de Compostela na xornada pasada. Este domingo, tanto neste centro como na sede en Ponferrada, foron realizadas as probas do nivel Celga 4, nas que se rexistraron máis de 900 persoas examinadas.

Un 2025 con “un centenar” máis de oferta formativa en galego

López, segundo concretan en nota de prensa, anuncia que o Goberno autonómico buscará reforzar, cara o 2025, a oferta formativa para neofalantes coa apertura de “un centenar” de cursos específicos de lingua e cultura galegas dirixidos a persoas chegadas do exterior de Galicia. Sinalaba: “Se trata de una de las nuevas acciones que vamos a poner en marcha en el marco del Plan de 50 medidas ya anunciado para impulsar el uso del idioma en toda la sociedad”.

Logo da examinación desta fin de semana, ambas sedes conterán, os días 23 e 24 de novembro, a realización das probas de acreditación de competencias lingüísticas para os niveis de Celga 2 e Celga 3. Na suma dos tres niveis, o total de matrículas achégase ás 1.500.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.