Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Os sanitarios non galegos recibirán formación en lingua para a mellora da atención a pacientes

O pasado venres, a Xunta de Galicia presentou un novo paquete de medidas que serán postas en marcha nas vindeiras semanas, entre a fin de 2024 e o inicio de 2025. Entre estas destaca a oferta de cursos en lingua galega dirixidos a profesionais pertencentes ao ámbito sanitario co obxectivo de mellorar a atención dos pacientes galegofalantes. A acción está acollida dentro do Pacto da Lingua coa finalidade de impulsar e prestixiar o idioma nos diferentes eidos da nosa sociedade.

‘Saca a lingua que levas dentro’ é a campaña, xa activa, que proxecta dentro dos centros sanitarios unha visibilización do uso idiomático do galego tanto por profesionais como por usuarios. Esta nova oferta que se suma, en modalidade de autoformación, incluirá formación relativa a revisión de documentación traducida. Está dirixida en especial ao persoal sanitario non galego que careza do título acreditativo de coñecemento da lingua e será potenciado coa concesión dun punto na carreira profesional.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.