Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O pleno da RAG alerta e propón solucións ao retroceso do galego a través dun pacto

Nun informe publicado a pasada semana, a Real Academia Galga fixo público un informe sobre a vitalidade da lingua galega a partir dos datos recollidos polo Instituto Galego de Estatística en 2023. Este, que busca supoñer un instrumento necesario para o diagnóstico da situación do idioma, achega as cifras demográficas máis relevantes e discute aspectos salientables das políticas lingüísticas.

 

A panorámica que presenta apunta a necesidade de poñer en marcha, urxentemente, novos plans e accións eficaces que fagan reverter o panorama idiomático en Galicia. En concreto, no encontro plenario entre os membros académicos, foi concluída a necesidade dun paquete de medidas atinxentes á lingua galega que, conformadas dende a Administración galega, impacten nos diferentes eidos e contextos sociais para a súa apropiada dinamización e fomento entre a poboación do territorio, revertendo a tendencia á baixa de falantes.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.