Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O proxector pedagóxico en galego do CCG estrea nova escolma: cambio climático e catástrofes naturais

Como cada primeiro martes de mes, este 3 de novembro a iniciativa “Proxector” do Consello da Cultura Galega estrea nova escolma audiovisual ao respecto dunha temática de actualidade e relevancia. Co título “A adversidade nos mapas do tempo”, o compendio de vídeos en lingua galega con obxectivo pedagóxico aborda as consecuencias do cambio climático e a súa influencia nos fenómenos meteorolóxicos adversos.

A iniciativa, promovida dende o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) contando co apoio da Universidade de Santiago (USC), busca divulgar en diferentes eidos científicos e culturais a través da lingua galega. No mes de novembro, con “Unha ollada ao Universo no Día da Ciencia en Galego”, os organizadores buscaron divulgar o campo de estudo astronómico dende a ollada galega, facendo fincapé tamén no contexto da “crecente demanda dos ‘destinos turísticos Starlight‘”.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.