Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Polémica en redes pola tradución ao castelán da letra de ‘Terra’, das Tanxugueiras

Achégase a data do Benidorm Fest e con ela as novas e os artigos sobre as Tanxugueiras, as favoritas xunto con Rigoberta Bandini para ir a Eurovisión. Tanto están dando que falar que o Faro de Vigo decidiu traducir ao castelán a letra da súa canción. Un artigo que incendiou as redes sociais.

A publicación do Faro de Vigo titulada “De que habla ‘Terra’, la canción con la que Tanxungueiras podría representar a España en Eurovisión?”, cun erro  sobre o nome do grupo.  Non é ‘Tanxungueiras’, é Tanxugueiras.

Despois de tres parágrafos nos que se explica o éxito do grupo e o significado da canción que se resume nese “Non hai fronteiras”, atopáse a tradución ao castelán da letra de ‘Terra’. Varios usuarios de Twitter denuncian que está feito por Google polos erros na tradución e pregúntanse se era necesario que un medio galego, dunha cidade galega, traducira ao castelán unha canción en galego que chegou a estar na terceira posición do Top 50 de Spotify España.

https://twitter.com/DeForquellas/status/1484107300461858816

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.