Adela Figueroa Panisse falou castelán ata que chegou á universidade, onde sentiu o estigma.
Aínda así, sempre tivo claro que defender o galego era unha loita, que ademais se parecía á do feminismo.
Explica que moitas mulleres, pola situación de discriminación por ser mulleres e falar en galego, decidiron non transmitir a lingua ás súas crianzas, o que lamenta, mais recoñece que “moitas mulleres non teñen armas” para defenderse do abuso que sofren.