Anxo Lamelo é asesor cultural, actor, biólogo… E neofalante.
Desde pequeno escoitou a lingua na súa casa, xa que o seu pai faláballe en galego, mais a escolarización fixo que o “perdera todo” e que vivira “de costas” ao galego.
Porén, na época na que marchou a estudar fóra coincidiu con amizades que fixeron que retomara o amor pola lingua e cando comezou a traballar, tomou o feito de falala como unha misión na vida e un propósito político.
Sufriu o estigma, pero cre que cada vez hai menos, polo que ten un ton positivo ante o que vén.
Hoxe segue expresándose na lingua galega e ademais educa á súa filla nesa lingua para que teña o dereito de usala, se quere.