Raúl Barrantes, ten 29 anos e é de Costa Rica.
Decidiu aprender a falar galego porque “lle gusta” e é “moi feliz” por que a lingua sexa parte da súa vida.
Ademais, anima á xente no seu día a día a falar o galego, porque é “unha cultura de Galicia que debemos aproveitar” a pesar dos estigmas que di haber aínda, como que se considere aos galegofalantes como xente “de pobo” ou “do rural”.
Como sostén, “falar galego ou castelán non é signo de educación, senón de pertencer ao sitio de onde es”.