Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

“Baile gallego” e pandereitas: así se mestura o castelán e galego na noite de San Xoán compostelá

Un festival cheo de tradición se espera en Santiago de Compostela na noite de San Xoán. Dende as 17.00 ás 24.00 a praza de Mazarelos será o epicentro da celebración na capital galega. Así o deu a coñecer o concello de Santiago a través dun cartel no que se detalla toda a información das actividades que se celebrarán ao longo do día 23 de xuño.

No cartel elaborado polo goberno local non só se pode ver unha gran variedade na programación, se non tamén lingüística, pois castelán e galego están presentes ao mesmo tempo. Por isto, dende a súa conta de Twitter, o BNG de Santiago, criticaba o acontecido: “Ai, ai, ai… Programación do @PazodeRaxoi para o festival de San Xoán cunha mestura de galego e español que mete medo!”.

https://twitter.com/bngcompostela/status/1539529495086088192?s=20&t=muVN_xWWVHwRIBD3Z0FPyw

Entre os obradoiros (en galego), pode destacar o de “baile gallego” ou os “ramitos de hierbas de San Xoán”. E referíndose a este último rito, recordan que as “inscripciones” para a “recogida herbas San Xoán” se poden facer a partir do “martes 21 junio”. Iso si, actividades todas elas de balde!

Cartel do Festival de San Xoán en Santiago de Compostela / Twitter : BNG Compostela

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.