Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

“Remix” dos clásicos das música galega: Siniestro, Ana Kiro, Juan Pardo ou Andrés Dobarro

Máis dunha ducia de artistas e bandas do panorama musical galego preparan cadansúa versión de temas clásicos da nosa música pop que serán recompiladas no proxecto discográfico ‘Puro Deleite‘. Deleite, a marca de leite creada por gandeiros impulsora de varias iniciativas de apoio á lingua e cultura galega, colabora na produción deste disco e pretende distribuílo a finais do ano 2022.
Neste recompilatorio está previsto que participen artistas como Verto, Ataque Escampe, Familia Caamagno, Radio Océano ou La casa de los ingleses, entre outros que aínda están por desvelar, xuntando talentos emerxentes da música galega con artistas consolidados, e unha variedade de estilos que lles dará unha nova volta a temas míticos de lendas como Ana Kiro, Juan Pardo, Siniestro Total ou Andrés Dobarro. 
Tras a primeira incusión neste proxecto do grupo Verto o pasado mes de xullo coa súa actualización da Muiñeira de Chantada, este Nadal é Ataque Escampe quen estrea novo tema, ‘Por última vez’: unha versión en galego da canción coa que Ana Kiro participou no Festival de Benidorm no ano 1967. A estrea da versión terá lugar este venres 14. Toda a noticia en Galicia Confidencial.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.