Presentan o Proxecto Nós, unha iniciativa que une Intelixencia Artificial e a lingua galega

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixencias (CiTIUS) e o Instituto da Lingua Galega (ILG) colaboran nunha nova iniciativa, o Proxecto Nós, a través do cal pretenden poñer a intelixencia artificial ao servizo da lingua galega, para así acadar a total inclusión do galego no mundo dixital e tecnolóxico.

Este luns 23 de maio, a Cidade da cultura acolleu a presentación do proxecto, nunha presentación organizada pola Universidade de Compostela e a Xunta de Galicia. Neste acto, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reclamou “poder falar con Siri, Alexa, ou Google no idioma co que máis cómodos nos sintamos e, ademais, queremos facelo para ingresar sen obstáculos na realidade económica global”.

O proxecto atópase na súa segunda fase, despois de recibir máis de 600.000 euros para continuar no avance dos traballos de campo. Deseñar prototipos de recursos, experimentar cos primeiros demostradores e crear bancos de voz son algunhas das labores que se levarán a cabo grazas ao novo acordo. Ademais, na presentación, Rodríguez pediu un incremento dos fondos europeos destinados ao idioma galego, para así axudar á lingua á súa incorporación á realidade dixital. Como indiciou, o Proxecto Nós ten un custo de máis de 15 millóns.

A presentación do Proxecto Nós de Intelixencia artificial ao Servizo da Lingua Galega contou cunha mesa redonda, moderada polo director do CiTIUS, Senén Barros, así como varios relatorios sobre a orixe, estado actual e futuro da iniciativa por parte de varios investigadores que están a traballar no proxecto. No acto tamén estiveron presentes expertos como o expresididente da sociedade Española para o Procesamento da Linguaxe Natural, Manuel Palomar, a directora da unidade Text Mining do Barcelona Supercomputing, Marta Villegas, ou o director do Basque Research Center for Language Technologies, Germán Rigau i Claramunt.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará