Entre as árbores e os corredores silenciosos do cemiterio municipal de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, conviven hoxe dúas memorias que se entrelazan: a da represión franquista e a da lingua galega. No mesmo espazo onde durante décadas houbo unha fosa común con veciños e veciñas executados sen xuízo, eríxese agora un monumento de lembranza deseñando por Uqui Permui. A súa sinxeleza —un banco de pedra e malla, un panel explicativo— devolve voz e nome a quen foi condenado ao silencio.
Mais Rubiáns non é só un lugar de duelo histórico. Á entrada do cemiterio, unha placa colocada polo Servizo de Normalización Lingüística de Vilagarcía en 2015 lembra “a todos os que xacen aquí, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”. Unha frase que converte o recinto nun espazo de dobre recoñecemento: á vida truncada pola represión e á palabra galega conservada con teimosía nas casas, nos campos e nos oficios, mesmo cando falar nela era motivo de castigo ou de burla.
Ver en Galicia Confidencial
 
	