Telmo Cillero, de 33 anos e nado na Coruña, sempre falou en castelán, pero un día decidiu mudar de lingua porque sabía que os seus antepasados falaran esta lingua.
Para el, "recuperar a lingua é cuestión de orgullo e de amor propio" e di que se sente moito mellor consigo mesmo desde que fala galego.
Carmen Veiga naceu en Madrid, pero casou cun barreirense e xa pasou toda a vida en Galicia.
Di que ao principio, cando empezou a falar galego, ríanse dela, polo que decidiu levar o galego ás aulas, onde os nenos non eran tan crueis.
Agora e desde aquela, sempre fala en galego porque explica "eu sei falar moi…
Rubén González é de Ourense pero creceu en Vigo, onde case todo o mundo falaba castelán.
Despois, marchou cara a Sigüeiro, onde se falaba máis galego, así comezou en serio o seu cambio.
Co nacemento do seu fillo en 2015, decidiu implantar o galego na súa vida de forma cotiá para transmirlle esta lingua ás seguintes xeracións.
Sobre…
Carla Scarpenti, de Uruguai, comezou a falar galego hai tres anos debido a que ten amigos de Galicia que son neofalantes.
Este contáronlle a importancia do galego e ela quixo pór o seu graniño de area.
Cre que "non podemos deixar morrer a lingua" porque "é unha lingua moi bonita e un pilar moi importante de Galicia".
Hasler Iglesias naceu en Venezuela dun pai galego e dunha nai venezolana. Aos 10 anos sufriu a morte do seu pai asasinado no seu país e como di el, deixoulle unha pegada inesquecible con respecto a Galicia.
Por iso, veu vivir ao noso país para tomar contacto coa cultura galega, que inclúe a lingua.
A…
Iria Chousa, encargada do departamento de márketing dunha empresa de investimento, decidiu mudar de lingua aproveitando que dúas rapazas que entraron novas á súa oficina "falaban un galego fermoso".
Ademais, ao medrar a súa filla, deuse de conta de que tiña unha responsabilidade como nai trasladar a lingua á súa filla, como unha oportunidade de ofrecerlle…