Se quixeramos ler todos os libros publicados en Galicia cada ano, sería imposible. Tocaría a seis ao día ata rematar o ano con 2.213 títulos en galego e castelán. Que unha desas obras chegue ás nosas mans é un proceso complexo que comeza na cabeza, pasa por moitas mesas así como por múltiples cuestións.
‘A mesa dun editor non pode estar ordeada e cando non hai libros amoreados, malo”, sinala Marcos Calveiro (de Galaxia) para parafrasear a Manuel Bragado, ex director xeral de Xerais e un dos referentes galegos históricos da edición.
Calveiro, director de Edicións en Galaxia, explica que cada ano poden chegar ao redor de 300 orixinais á editorial –incluídos os que se presentan aos seus concursos literarios– co soño de chegar aos lectores.
A primeira criba que pasan é analizar se a temática entra nas liñas editoriais da firma. Os que salvan esta barreira pasarán o escrutinio de Calveiro e outras persoas da empresa pero tamén de xente allea. Esta última, para cousas puntuais e que requiren ollos expertos, por exemplo, nun autor determinado de Filosofía.
Marcos Calveiro explícao acompañado de Xosé Manuel Soutullo, director xeral de Galaxia. Están reunidos en Vigo, na sede da editorial, na sala onde fan as reunións determinanantes. Soutullo deixa claro que ter un libro editado con anterioridade “non é garantía para que lle publiquemos outro de xeito automático”.
“Imos abrir unha liña de audiolibros. Vai haber unha colección de deseño de lectura fácil para xente con problemas”
Deses preto de 30 títulos que aspiran ao ano a entrar no catálogo de Galaxia, só uns o conseguen en papel. A maiores, saen libros en formato E-PUB. A maiores, para o ano, incorporarán un formato novo. “Imos abrir unha liña de audiolibros. Vai haber unha colección de deseño de lectura fácil para xente con problemas”, adianta Calveiro.
Ler toda a información completa en Faro de Vigo