O 7 de novembro é a data marcada polo BNG para arrincar un novo "ciclo" na formación nacionalista coa celebración do plenario da XVII Asemblea Nacional, despois da "resistencia, reorganización e despegamento", en palabras da súa portavoz nacional, Ana Pontón, que encabeza a lista e o proxecto co que o Bloque aspira, de forma explícita, a…
A directora de Orixinais de RTVE, Ana María Bordas, desculpouse polas "burlas" que realizaron os xuíces de 'MasterChef: Celebrity', Samantha Vallejo-Nájera, Jordi Cruz e Pepe Rodríguez, do idioma galego nunha das probas de exteriores do concurso culinario.
"Creo que o uso da imitación do acento e da pronuncia do idioma galego foi desafortunada e inoportuna", expresou Bordas durante…
O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o Concello estuda lanzar axudas de 200 euros para que as familias que o desexen poidan galeguizar as lápidas dos seus defuntos no cemiterio municipal. En concreto, o goberno local habilitará un fondo de 10.000 euros nos seus orzamentos para 2022.
Así o traslada o seu departamento…
800 páxinas, máis de 32.000 entradas, 50.000 significados. Así é o Dicionario do Galego de Asturias, obra magna de Carlos Xesús Varela Aenlle, xeógrafo de formación, doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e académico correspondente da Real Academia Galega para o Eo-Navia. Editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, a obra naceu…
A conta Orgullo Galego fíxose eco dunha realidade que teñen que afrontar a maioría das persoas que se dedican a difundir contidos en lingua galega. Un dos últimos casos foi un vídeo subido polo mariñeiro Rogelio Santos Queiruga, no que o critican por expresarse no noso idioma. Así o conta o Tik Tok de Galicia…
"Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum"...
Os dous galos máis famosos regresan nunha nova…
A Coruña, 20 de outubro de 2021.- O Salón de Graos da Facultade de Filoloxía acollerá os días 21 e 22 de outubro o Coloquio Internacional Editar cantigas (de amigo) no século XXI. Organizado ao abeiro do Grupo de Investigación ILLA, foi concibido como un foro para debater problemas da edición e do estudo do cancioneiro galego-portugués,…
“E se o pan é galego, en que lingua vai falar?”. O concello de Redondela vén de lanzar unha campaña a prol do etiquetado en lingua galega dos produtos do país. A iniciativa, que parte do departamento de Normalización Lingüística en colaboración da Asociación de Empresarios de Redondela, está dirixido fundamentalmente ao sector das panadarías…