A Xunta convocou novas probas Celga para os niveis con máis solicitudes, o 2, 3 e 4. O prazo de inscrición e de pago de praza estará a aberto a partir do próximo luns 12 e ata o 30 de setembro. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou xa a convocatoria para inscribirse nas probas que permiten obter os…
Sandra Guedev, máis coñecida como hydn, gústalle pensar que o seu proxecto musical comezou como “a creación dunha especie de alter ego vampírico”. Cores negras escuras, unha posta en escena que deixa coa boca aberta, grandes plataformas e un pelo vermello coma o lume axudan a crear esa idea vampírica da artista. Ela ri ao…
“Selecciona tu Comarca”, pide a páxina web Muller Dixital, un programa impulsado pola consellaría de Emprego e Igualdade. Unha vez accedes ao buscador da comarca, como se require no cuestionario, poderás seleccionar entre lugares como Noya, La Coruña, Jallas, Órdenes ou Mellid.
A castelanización dos nomes sorprendeu a varias usuarias de Muller Dixital, unha web…
Cansa de mudar constantemente do galego ao castelán, Rita Tizón decidiu que era o momento de falar en todos os ámbitos da súa vida en galego. Foi ao entrar na Universidade cando deu o paso, e agora que rematou a carreira de Filoloxía Inglesa xa pode afirmar que o galego é a lingua que utiliza…
A relación entre a identidade sexual e o neofalantismo poden ter máis relación da que aparentemente semella. Así o quixo demostrar a filóloga Inés Allariz Pena, quen a través do seu traballo de fin de grao “Identidade a través da lingua: sáficas neofalantes”, se mergullou no uso da lingua galega dentro da comunidade LGTB+.
Seis entrevistas…
Quen diga que flamenco e galego son culturas alonxadas equivócase, e así o demostra Francisco Escudero "El Perrete", o cantautor extremeño que une o cante jondo coa lingua galega. As súas raíces teñen que ver, pois de pai galego e nai de Extremadura, viviu parte da súa infancia na vila pontevedresa de Crecente. Máis Francisco…
Podes usar Microsoft Office en galego, ao igual redes sociais como Twitter ou Facebook e ter o galego presente alá onde esteas. Se ter algunha dúbida, poderás descargar de forma doada o Dicionario da Real Academia Galega cun só “click” ou acudir ao dicionario de castelán-galego de Rinoceronte Editora. E todo isto de maneira sinxela!
Así…
Dende a publicación do Libro Negro da Lingua Galega, Carlos Callón non deixa de percorrer vilas galegas presentando a súa obra, un libro que repasa máis de 500 anos da historia de Galicia, séculos durante os cales a represión do galego e a súa discriminación se fixo latente.
Agora, o Libro Negro da Lingua Galega cruza…