A toponimia oficial de Galicia volve ser noticia por mor dunha sinxela búsqueda na web de RENFE
Un usuario de Renfe preguntou á operadora o motivo polo que non podía reservar un billete con destino a “Orense”.
E a cascada de críticas a favor e encontra do uso da toponímia oficial non se fixo esperar, onde usuarios piden o uso de toponimia deturpada, que non está amparada por ningunha lei.
De feito o uso da toponimia oficial de Galicia está establecida no artigo 10 da Lei 3/1983, do 15 de xuño de 1983 a chamada Lei de Normalización Lingüística de Galicia.
O seu uso tamén está recollido pola Carta Europea das línguas rexionais e minoritarias.