Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O rito funerario, exemplo da normalización da lingua galega segundo o Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega (CCG) difunde as conclusións dos ‘XXVI Econtros para a Normalización Lingüística. Vivir e perdurar na nosa lingua’, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CSDG), que apuntan un aumento do uso da lingua galega nas prácticas funerarias realizadas no territorio.

Aínda que se manteñen por debaixo das porcentaxes acadadas pola lingua castelá, o galego é usado ata nun 10% das notas necrolóxicas publicadas en prensa e está presente nos cemiterios de Galicia ata nun 20%, dende o referido á realización de liturxias ata as inscricións lapidarias ou bandas florais. O documento apunta a concienciación familiar, a profesionalización do sector funerario e a divulgación dende o ensino como principais feitos motivadores do incremento.

Pese a isto, entre as conclusións acadadas é apuntada a “falta de planificación institucional” que, de ter lugar, posibilitaría a coordinación de “todas as confesións relixiosas no emprego da lingua galega”. Toda a información en Galicia Confidencial.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.