Iria Chousa, encargada do departamento de márketing dunha empresa de investimento, decidiu mudar de lingua aproveitando que dúas rapazas que entraron novas á súa oficina “falaban un galego fermoso”.
Ademais, ao medrar a súa filla, deuse de conta de que tiña unha responsabilidade como nai trasladar a lingua á súa filla, como unha oportunidade de ofrecerlle unha cultura concreta da que se sinte orgullosa.