Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Coñece o primeiro curso en liña masivo e aberto en lingua galega

O grupo de innovación docente en didáctica e divulgación científica da USC, CienciaNOSA, desenvolveu o primeiro MOOC -un curso en liña masivo e aberto (o nome é o acrónimo inglés de Massive Open Online Course)- en lingua galega, titulado “Química – unha ciencia experimental”.  Esta iniciativa naceu cun enfoque experimental para as prácticas de laboratorio dos alumnos de Química.

O curso obtivo o apoio da USC na I Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa en MOOC da Universidade de Santiago e conta con 24 pezas audiovisual de consulta libre, realizadas co apoio do Campus Terra de Lugo, como detalla Praza.gal.

O pasado mes de outubro, dende o grupo CienciaNosa non se mostraban esperanzados coa súa proposta. Tiveron que levar a cabo duras negociacións con diferentes plataformas que distribúen estes contidos a nivel mundial pola imposibilidade de ofertar o curso en lingua galega.

Finalmente, apareceu funil.gal, un proxecto que busca “dotar a lingua galega de novas ferramentas multimedia para o ámbito científico“, como sinala praza.gal, e o proxecto que permitiu o desenvolvemento do primeiro MOOC en galego. Máis información en Praza.gal.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.