“Abride esa fiestra, que quero ver o mar”. Estas foron as derradeiras palabras de Rosalía de Castro antes de finar no ano 1885. Veñen ao caso porque fían unha boa metáfora da experiencia común de moitas persoas neofalantes, isto é, aquelas que conscientemente deciden cambiar do seu idioma inicial a unha lingua minorizada. Coma quen…
Guido Álvarez Parga ten 36 anos. É guía turistica e profesor na UNED. Asegura que sempre tivo conexión co galego pero foi cambiando o seu uso progresivamente. "Pasei de falalo menos do 50% a ser o meu idioma común", asegura. "O galego é a lingua que me fai vibrar, que me emociona", engade.
Lembra que a…
Fernando Ramallo é sociolingüista e profesor da Universidade de Vigo (UVigo). O estudo do neofalantismo, das súas implicacións, oportunidades e desafíos conforma unha das súas liñas de investigación máis importantes. Nos últimos anos, Ramallo interesouse especialmente polas realidades das persoas neofalantes dixitais, e de feito, tamén como membro do xurado da última edición dos Premios…
Escritore e creadore de contido nas redes con máis de 2.300 subscricións á súa canle de YouTube, Nee Barros converteuse en neofalante de galego cando iniciou o bacharelato en Pontevedra. Ata daquela, se ben elu tiña vontade de emprender ese cambio lingüístico, a hostilidade do ambiente na primaria e a ESO complicáballe dar o paso.…
Carmen del Río Ferreiro ten 22 anos. É unha xornalista de Ordes que ten claro porque decidiu mudar de idioma. Foi cando tiña 16 anos e comezou o Bacharelato. "Cambiei de idioma porque me sentín identiticada sempre coa cultura galega. Non tiña sentido falar castelán cando a sentía como unha lingua allea", lembra.
Asegura que a…
Pilar Ponte é profesora de lingua e literatura no IES Félix Muriel de Rianxo e impulsora do proxecto de dinamización lingüística ’21 días co galego e máis’, que xa suma máis de 3.500 participantes de diferentes institutos. A través del, Ponte busca sacar o galego das aulas e promover a reflexión persoal sobre os usos…
Rodri Míguez é un xornalista musical, 24 anos, de Redondela. Deu o paso e mudar de lingua por convicción política hai case dous anos, antes da pandemia, tras pasar dous anos en Madrid e decatarse, tras voltar a Galicia, que non sabía falar a súa propia lingua.
"Cando cheguei non tiña capacidade para facer un traballo…
Cada vez máis persoas se deciden a cambiar o castelán polo galego como lingua do día a día. Detrás desta opción adoita haber un proceso de concienciación lingüística sobre a realidade diglósica do galego, ou unha querenza por adaptarse a contextos galegofalantes, ou un ánimo por probar esa lingua na que falan referentes musicais, de…