Paula Sánchez, de 33 anos, é unha mestra de infantil. Lembra os inicios na docencia e como os pequechos reaccionaban de xeito raro cando se dirixía a eles en galego.“Eu cheguei a miña primeira aula de Coruña e vin que os nenos cando eu falaba galego reaccionaban como se estivera falando chinés".
Thomas Hermse é un estadonidense de 24 anos que traballa en Parga, Guitiriz, dando clase de inglés no instituto. Comezou a falar galego hai nove meses e xa o fala con moito xeito. "Decidín aprendelo porque aquí hai moita xente que o fala e eu quero integrarme na cultura", di.
"Fai tres anos vivía en Madrid…
O pai e a tía de Emanuel Castiñeira, naturais de Vilalba, marcharon á Arxentina, como fixeron moitos galegos. Tamén se foron a este país os avós maternos de Emanuel, que naceu e vive na cidade arxentina de Córdoba.
Ao outro lado do océano, a máis de 10.000 km de Galicia, Emanuel Castiñeira fala galego. El é…
Foi no 2020 cando a coruñesa Belén Puime, que vén de estrear a súa webserie Pringadas, comezou a mudar o castelán polo galego, non sen telo intentado antes.
Puime medrou nun ambiente no que predominaba o castelán: familia, amizades e escola, sendo o galego pouco habitual. A súa infancia recórdaa en castelán, mais foi a etapa…
José Loira ten 40 anos, é de Baiona e é enxeñeiro de telecomunicacións. Comezou a estudar galego hai un ano a través dun curso online e con inmersión lingüística a través das redes sociais e dos medios públicos galegos, TVG e RG.
José Loira decidiu falar o noso idioma porque leu un artigo que dicía que…
Luz Darriba, artista multidisciplinar, leva décadas en Galicia tras criarse na comunidade da diáspora en Uruguai e Arxentina e non tardou moito en empregar o galego "por un sentido ético, moral e de afecto" e de "convencemento absoluto".
"É vital falar galego porque é fermosisimo e é unha defensa lóxica do que é noso", asegura ao…
Camilo Rodríguez é colombiano. Leva en Galicia desde os 14 anos e decidiu aprender galego por amor. "Naquel momento tiña unha parella galegofalante e a súa familia tamén, así que decidín falalo eu tamén", lembra.
"Cando comecei a falar galego pois os meus amigos sorprenderonse. Eu, colombiano, falando galego e, ademais, dunha zona moi específica…
Nazaret Méndez, 38 anos, é mestra, de Lugo. Nesta entrevista lembra que decidiu dar o gran paso a falar galego no instituto, aínda que de nena xo falaba na casa. "No meu caso deuse unha situación de diglosia porque pensaba que o castelán tiña máis estatus que o galego", lembra.
Por iso, volveu ao galego porque…