O libro Nós e o mundo, o mundo e Nós é o resultado de diferentes iniciativas impulsadas dende a Facultade de Filoloxía para homenaxear a revista Nós no seu centenario. Unhas xornadas centradas no estudo das relacións de autores e temas da revista co seu contexto histórico, así como a convocatoria dirixida a estudantes deste…
O xurado dos Premios á calidade lingüística da USC acaba de facer público o seu ditame na modalidade de traballos académicos. Esta convocatoria busca fomentar entre o alumnado a cultura da calidade ligada ao uso do galego. Na primeira das modalidades de que constan estes Premios, a dos traballos académicos de grao, concorreron dezaseis propostas,…
A Academia Galega de Língua Portuguesa e a Comissão Temática de Promoção e Difusão da Língua Portuguesa dos Observadores Consultivos da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa celebra este luns no Centro de Estudos Avanzados da USC un foro que se desenvolve baixo o lema ‘Português, multilinguismo e ensino à distância’.
O reitor Antonio López presidiu…
O xenetista Ángel Carracedo (Santa Comba, 1955) e a psiquiatra Iria Veiga (Ferrol, 1981) protagonizan o último capítulo da serie ‘Conseguiremos’, a produción audiovisual que abre o proxecto da USC e da Real Academia Galega (RAG) ‘Novas voces para a lingua’, concibido para darlle voz á mocidade con talento que vive e crea en galego.…
Máis dun cento de especialistas de todo o mundo reúnense esta semana no 6th Prescriptivism Conference, un simposio arredor dunha disciplina ou actitude lingüística mediante a cal se establecen normas sobre o uso 'correcto' ou 'estándar' da lingua, tanto da escrita como da oral. Constitúe, así mesmo, unha fase no proceso de estandarización dunha lingua,…