Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Atopas algún erro na placa centenario do Celta de Vigo?

O RC. de Vigo celebrou onte, non sen polémica, o seu centenario.

O acto protocolario previo á celebración descubriu unha placa. A placa que conmemora o centenario da unión entre dous clubs e dúas afeccións que deron como resultado ao que hoxe coñecemos como Real Club Celta de Vigo.

O 23 de agosto de 1923, na que era a Fundación Gremial de Patróns hoxe a Biblioteca Pública Juan Compañel, uníanse o Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna para dar orixe ao Real Club Celta.

Así pois, con motivo do aniversario do primeiro século de vida do club, o RC Celta “non quería dar comezo a un día tan sinalado sen antes mirar antes cara atrás, cara a onde todo comezou, as nosas orixes” sinalan dende o club.

Por iso, no lugar exacto da firma que fusionou a ambos clubs, o presidente do RC Celta Carlos Mouriño e o Consello de Administración, descubriron unha placa conmemorativa para deixar constancia do nacemento da entidade celeste.

Pero o texto da placa contén algúns erros ortográficos. Saberías identificalos?

“Aquí naceu o RC Celta o 23 de agosto de 1923 grazas a xenerosidade de dous clubes, o Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna, e as súas afeccións , que amosaron que ca unión pódense acadar os mais grandes dos sonos”.

 

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.