Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Ana Peleteiro celebra o rexurdir do galego entre a mocidade: “Faime moita ilusión ver como se fala cada vez máis”

A atleta galega Ana Peleteiro, campioa europea e unha das deportistas máis destacadas do país, expresou a través das súas redes sociais a ilusión que lle produce percibir un maior uso do galego entre a xente nova. “Estou notando que a xente nova fala moitísimo máis galego”, afirmou nun vídeo que rapidamente se fixo viral.

Natural de Ribeira (A Coruña), Peleteiro explicou que está a educar a súa filla Lúa en galego, ademais de en francés —a lingua do seu pai, o tamén atleta Benjamin Compaoré— e castelán, que empregan cando están os tres xuntos. “Estou educando a miña filla en galego, como todos sabedes… o feito de que non sinta vergoña de falalo é moi importante”, declarou.

A deportista recoñeceu que, durante a súa infancia, sentía certo complexo por usar o galego fóra do ámbito familiar, unha situación que agora quere evitar para a súa filla. “Toda a miña vida falei galego cos meus pais, na casa, no colexio… pero cada vez que saía da casa e ía ao centro da cidade, falábase castelán”, lembrou.

@apeleteirobVos que pensades ?

♬ sonido original – Ana Peleteiro

Ver máis en Quincemil

Leave a comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.