Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC e o Servizo de Normalización Lingüística veñen de conceder, na súa primeira edición, o recoñecemento “Mocidade ao mando: explorando a Economía e a Empresa” ás alumnas Lucía Gil e Rosalía Moraig, do IES Rosalía de Castro. O certame vai dirixido ao alumnado de ensino medio de toda Galicia e propón a creación dunha peza audiovisual en galego, na cal se presenten “petiscos” ou pílulas sobre calquera temática relacionada coa economía ou empresa.
A peza, titorizada polo docente Manuel M. Fandiño, titúlase “Pagas ti (Criptomoedas)”,e foi receptora dos 150 euros cos que estaba dotado o primeiro premio. O segundo, dotado de 100, foi concedido ao vídeo “Os sectores productivos”, elaborado polas alumnas do IES Isaac Díaz Pardo Elena Novo, Victoria Pardo e Ana Fernández. Finalmente, dende o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, as estudantes Carmen Ánguez e Lucía Díaz fixéronse co terceiro premio, cunha compensación económica de cincuenta euros.