Christina Weiler, de 23 anos e dos Estados Unidos, comezou a falar galego hai dous anos porque veu a Galicia a traballar como auxiliar de conversa en centros educativos.
Ao principio, quixo aprender galego para entender e participar das actividades do centro, pero logo namorou da lingua e da xente.
Explica que algunhas persoas lle dixeron que non debía perder o tempo aprendendo galego, pero que non lle ía servir ao marchar, pero ela defende que “estar en Galicia é a oportunidade de coñecer este mundo deste aquí”.