Estes son os topónimos máis misteriosos da Barbanza

A orixe dos nosos topónimos é moi variada e rica. O Seminario de Onomástica da Real Academia Galega está a recuperar gran parte da microtoponimia de Galicia, un traballo que é completado por publicacións académicas como a do filólogo Gonzalo NavazaOs nomes dos concellos da provincia da Coruña. Estes son algúns dos topónimos máis misteriosos da zona da Barbanza:

BOIRO

Tanto a orixe como o seu significado do seu topónimo non está claro xa que hai varias teorías pero ningunha concluínte, segundo recolle La Voz. Unha das opcións que manexan os expertos é que Boiro proveña do termo xermánico burio o borio que significa galpón. Outra posibilidade é que se trate dun hidrónimo prerromano, un nome que designa unha masa de auga.

NOIA

Noia é un dos topónimos máis antigos, xa fora mencionado no século I por PLinio. A súa orixe non está documentada polo que as lendas ábrense paso. A orixe de Noia é vencellada co personaxe bíblico de Noé e a súa estirpe. Aínda así a investigación publicada pola RAG rexeita esta opción e sinala outras posibilidades: a orixe celta do topónimo ou ben que se trate dun hidrónimo paleoeuropeo.

OUTES

Como sinala a xornalista Marta Gómez, hai moitas dúbidas en torno á orixe de Outes, do que existen rexistros desde o século IX. Unha teoría apunta a que deriva do latín e fai alusión a un lugar alto, pola orografía do terreo onde se sitúa a igrexa de San Pedro, pero tampouco descartan os estudosos a súa procedencia prerromana.

PORTO DO SON

A motivación acústica ou calquera relación co son está totalmente descartado polos expertos. Parece ser que procede do topónimo medieval Oçón. Atribúeselle orixe prerromana e relaciónase ou ben coa auga ou ben á raíz prelatina «agudo, punta».

RIANXO

A única pista sobre este topónimo está na súa escrita. Diversas propostas etimolóxicas coinciden en que o primeiro elemento do topónimo correspondería ao substantivo “río”. Aínda así, Zapata sinala que non hai nin garantía nin acordo común sobre esta orixe.

Máis información en La Voz de Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará