Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Coñecendo máis as Cantigas de Amigo

A Coruña, 20 de outubro de 2021.- O Salón de Graos da Facultade de Filoloxía acollerá os días 21 e 22 de outubro o Coloquio Internacional Editar cantigas (de amigo) no século XXI. Organizado ao abeiro do Grupo de Investigación ILLA, foi concibido como un foro para debater problemas da edición e do estudo do cancioneiro galego-portugués, nomeadamente das cantigas de amigo.

O encontro, coordinado por Leticia Eirín (UDC) e Mariña Arbor (USC), ambas as dúas membros do equipo de investigación do proxecto Universo Cantigas, dirixido por Manuel Ferreiro, contará coa asistencia de especialistas das tres universidades galegas e vindos de Italia e de Portugal.

O coloquio poderá ser seguido presencialmente ou a través da plataforma Teams clicando aquí.

Programa

Sesións do 21 de outubro

Sesión de mañá

10:00h: Inauguración coas intervencións de Teresa López, coordinadora do Grupo ILLA e directora do Departamento de Letras, e Félix Córdoba, decano da Facultade de Filoloxía.

10:30h: Henrique Monteagudo (Universidade de Santiago de Compostela): “A integración do Cancioneiro dos xograres galegos na Compilación xeral da lírica trobadoresca. Scriptolingüística, codicoloxía e tradición manuscrita”.

11:10h: Mariña Arbor Aldea (Universidade de Santiago de Compostela): “Son B e V xémeos?

12:20h: Manuel Ferreiro (Universidade da Coruña): “Lingua e variación(s) no refrán das cantigas: unha aproximación”

13:00h: Bieito Arias Freixedo (Universidade de Vigo): “Dos manuscritos á edición: notas sobre algunhas pasaxes problemáticas”

Sesión de tarde

16:30h: Ângela Correia (Universidade de Lisboa): “A emenda de cantigas de amigo, e o modelo de edição crítica”

17:10h: Leticia Eirín (Universidade da Coruña): “As cantigas de Estevan Travanca”

18:20h: José Carlos Ribeiro Miranda (Universidade do Porto/SMELPS/IF/FCT): “Genealogia das cantigas de amigo, I”

19:00h: Maria do Rosário Ferreira (Universidade de Coimbra/SMELPS/IF/FCT): “Genealogia das cantigas de amigo, II”

 

Sesión do 22 de outubro

10:30h: Pär Larson (Opera del Vocabolario Italiano C.N.R.): “UC: appunti e pensieri di un filologo connivente”

11:10h: Xavier Varela (Universidade de Santiago de Compostela) e Ricardo Pichel (Universidad de Alcalá): “Editar as Cantigas de Santa María no proxecto Universo Cantigas”

12:20h: Rip Cohen (The John Hopkins University): “Behind and Beyond Textual Criticism”

13:00h: Clausura a cargo de Manuel Ferreiro, coordinador de Universo Cantigas

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.