Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

“Bienvenidos a Ordeñaba” a contra-campaña pola toponimia oficial de Galicia

A controvertida campaña dunha asociación viguesa  liderada pola que foi presidenta de Galicia Bilingüe,  colocando valados publicitarios en Ourense, A Coruña e Sanxenxo defendendo o uso das formas dos topónimos Orense, Coruña e Sangenjo xa ten resposta, cando menos na rede.

Manuel Fernánez, un usuario do grupo de Facebook Fálalles Galego!  publicou unha ducia de montaxes imitando o xeito da campaña da asociación, onde pon en evidencia que as traducións de topónimos poden chegar a ser absurdas.  Ordeñaba por Muxía, La Carretera por A Estrada, Palcos de los Montes por Fornelos de Montes, son algúns dos topónimos con tradución literal ao castelán que en xeito de humor evidencian que o de traducir topónimos a eito pode resultar a ser incluso absurdo ou contraproducente.

As montaxes de valados van polas 1150 compartidas e os 450 comentarios en apenas 24 horas.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.