Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O efecto Tanxugueiras: “crear en galego, de sentir en galego, vivir en galego”

A actuación de Tanxugueiras fixo que moitos cidadáns galegos decatáranse da cantidade e calidade de música en galego que se fai hoxe en día. Unha música que mestura a tradición e as novas correntes musicais. Unha música que era un tesouro agochado entre todo o contido que hai no internet e que agora sae á luz grazas, en parte, ás cantantes de ‘Terra’.

A xente máis nova vése identificada con esta música, e a consume. Así llelo explican os alumnos de Cándido Panigua: “Profe, é que antes non sabía que se facía música así en galego!“. Este docente explica nun artigo no Faro de Vigo as sensacións que se viviron ao día seguinte do Benidorm Fest. A tristeza era o ton do día.

“Eu estaba pletórico, feliz. Sentía que as Tanxugueiras e toda Galiza gañaran o maldito concurso”, comenta el en contraposición aos seus compañeiros e compañeiras. Loxicamente, os alumnos e alumnas tamén se sentían tristes e enfadados. Tanto que non puido facer a súa clase e mantiveron unha charla sobre o festival e a música en galego.

Aos poucos días chegou a súa “sorpresa”. “O mércores facendo uns exercicios pedíronme que puxera música, mais xa non as Tanxugueiras. Pedíronme Verto, Boyanka Kostova e Baiuca“, explica. Este amor pola súa lingua e cultura trasladouse tamén a vida de moitos alumnos que comezaron a falar galego no seu día a día. 

Por iso, segundo Cándido, chegou o momento “de crear en galego, de sentir en galego e de vivir en galego”. Os tempos que veñen son esperanzadores para a normalización da lingua entre a xente máis nova e gran parte deste feito débese ás Tanxugueiras, que permitiron que moitas persoas que non son galego-falantes, polo momento, sentíranse orgullosos da súa cultura.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.