Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Humor, xogos e “inmunización” no Correlingua de Ponteareas

O Correlingua 2021 xa camiña por todos os concellos galegos. Este xoves tocoulle a quenda a Ponteareas. Alí, no auditorio municipal de Ponteareas, a mocidade dos institutos da vila gozou da actuación do Dúo Vaguedades dentro do proxecto de sensibilización sobre a lingua galega para os rapaces e rapazas.

Baixo o lema ‘Inmunízate co galego’, esta edición do Correlingua apela á defensa do galego fronte ás linguas maioritarias, á cultura dominante, aos prexuízos lingüísticos e á exclusión social. Dentro das actividades do Correlingua celebráronse actividades e concertos polo sistema de aula burbulla para manter todas as garantías sanitarias, con aforos controlados e con retransmisión en liña.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.