Ir ao contido Ir ao pé de páxina

Investigando

Descubre neste mapa interactivo como o galego vai recuperando presenza nos cemiterios
A presenza da lingua galega nos cemiterios de Galicia está a experimentar un progresivo rexurdimento tras séculos de ausencia nos epitafios. A través dun traballo de investigación en múltiples camposantos, diversos expertos e voluntarios están a analizar o uso do galego nas inscricións funerarias, constatando unha tendencia ao incremento de palabras como "muller", "home", "fillos"…
A RAG alerta da castelanización do 16% dos apelidos galegos
A Real Academia Galega presentou a nova edición da súa 'Guía de Apelidos Galegos', na que se destaca que un 16 % dos apelidos de Galicia foron castelanizados ao longo do tempo. O anuncio realizouse durante unha rolda de prensa na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, coa participación da coordinadora da guía,…
A intelixencia artificial DeepSeek responde en galego e analiza a situación do idioma
O modelo de intelixencia artificial DeepSeek, desenvolvido en China, está a chamar a atención polo seu manexo fluído do galego. Este chatbot de código aberto e acceso gratuíto non só permite conversas na lingua propia de Galicia sen apenas erros, senón que tamén ofrece reflexións sobre a súa situación e desafíos futuros. Probado pola redacción de…

O máis lido

(VÍDEO) A experiencia dunha estadounidense falando cun galego: “Fun quen de entender a maior parte do que dicía e tivemos unha conversa durante un bo anaco”
Unha moza de Estados Unidos, que actualmente reside nunha vila de Galicia, compartiu nun vídeo en TikTok como está a descubrir o galego e a súa cultura. A través da conta @jckchs, a rapaza falou sobre a súa convivencia co idioma galego e as interaccións cotiás que lle permiten familiarizarse coa lingua. @jckchs♬ original sound -…
“Escribir verbas en galego ao Apalpador”, e máis consellos de @mestraru para un Nadal con nenos
Mestras e mestres de todo o territorio empregan, logo dun ano dende o comezo da súa actividade, o contido pedagóxico en galego publicado na conta de Instagram @mestraru. Para Ruth Froufe, a creadora, o exemplo e “motivación” para o uso do idioma e “valorar a Terra” vén da sociedade. A mestra, que olla unha “realidade…

Testemuños

Falar a lingua do país faime parte deste lugar do mundo, que agora é o meu fogar.

Yamini Prabhu

Yamini Prabhu

India

Falar galego é importante porque axuda a integrarse mellor

Paulo Goveia

Paulo Goveia

Angola

Estar en Galicia é a oportunidade de coñecer este mundo deste aquí

Christina Weiler

Christina Weiler

Estados Unidos