Ir ao contido Ir ao pé de páxina

Investigando

Poetisas de diferentes xeracións, de Pato a Espinosa, versan a Villalta no simposio da Real Academia Galega
Esta tarde, a partir das 17:00 horas, pon comezo a segunda xornada do simposio na honra de Luísa Villalta, "Mil son eu tan só, tan soa", organizado pola Real Academia Galega nas instalacións da Fundación Barrié. Inma Otero e Henrique Rabuñal son os encargados de poñer inicio ao encontro, que abordará a carreira vital da…
Elsa Quintas e Marcos Maceira cuestionan a existencia da “Liberdade para o galego” no seu último ensaio, presentado en Cambados
Este martes, 19 de novembro, presentan o seu ensaio en coautoría e editado por Laiovento, Liberdade para o galego, Elsa Quintas, avogada e vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, e Marcos Maceira, historiador e presidente do mesmo organismo. O acto ten lugar na Casa da Calzada do Concello de Cambados, a partir das 20:00 horas. Unha…
Carlos Callón leva os séculos escuros do galego ata o País Vasco
O País Vasco pecha, este venres, 15 de novembro, unha axenda de actividades arredor da publicación de Carlos Callón O libro negro da lingua galega, de Edicións Xerais, que comezou en Donosti o pasado martes. Como peche para o ciclo, o autor realizará unha presentación da publicación na libraría Elkar de Poza, en Bilbao, acompañado…

O ‘.gal’ vai facéndose co seu espazo na nube: 7.300 sitios web en galego

No 2014, a Xunta de Galicia foi unha das entidades pioneiras en mercar e empregar o dominio web '.gal'. Hoxe, con preto de 7.300 dominios rexistrados, a Asociación PuntoGal celebrou a súa consecución e capacidade divulgativa, especialmente produtiva para a difusión cultural, empresarial e da lingua galega. O conselleiro de Facenda, Miguel Corbos, estivo presente…

O máis lido

Sabías do galego entre as bambalinas de ‘Gladiator II’ que, asemade, é “celtista”?
O espírito guerreiro da fula, unha frauta tradicional de Guinea, de Abraham Cupeiro acompañou as escenas do novo filme 'Gladiator II', en carteleira. A súa arte, e forza, non fica queda entre estes créditos filmográficos, tendo a axenda do que queda de 2024 con máis de 120 datas marcadas con concertos por toda a xeografía,…
As Tanxugueiras e Xurxo Souto participarán na mobilización pola lingua da plataforma Queremos Galego neste 17-N
Este 17 de novembro, a Praza da Quintana de Santiago de Compostela será o lugar dende o que diferentes colectivos e asociacións, motivados pola convocatoria nacional realizada pola plataforma Queremos Galego, se reunirán nunha "asamblea pola lingua" que mude "o rumbo do galego", segundo apunta o voceiro desta última, Marcos Maceira. No seu comunicado, apuntan…

Testemuños

Falar a lingua do país faime parte deste lugar do mundo, que agora é o meu fogar.

Yamini Prabhu

Yamini Prabhu

India

Falar galego é importante porque axuda a integrarse mellor

Paulo Goveia

Paulo Goveia

Angola

Estar en Galicia é a oportunidade de coñecer este mundo deste aquí

Christina Weiler

Christina Weiler

Estados Unidos