Skip to content Skip to footer

Investigando

Traducir na infancia: cando os menores fan de ponte lingüística
Nun instituto galego, unha rapaza acompaña a súa nai a unha reunión co profesorado. No centro de saúde, un neno explica ao médico o que lle pasa ao seu irmán. Noutros casos, unha adolescente transmite unha carta oficial chegada da administración ou interpreta nun comercio. Son escenas cotiás, pero poucas veces nomeadas: a intermediación lingüística…
Descubrindo a toponimia de Padrón e Pontecesures: as claves para entender a lingua e a paisaxe
A publicación de Toponimia de Padrón e Pontecesures supón un novo chanzo no longo percorrido investigador de Fernando Cabeza Quiles , un dos principais divulgadores da toponimia galega contemporánea. O volume, integrado na colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e da Asociación Galega de Onomástica, continúa unha serie iniciada cos libros…
O Atlas Lingüístico Galego celebra medio século cunha conferencia no Ateneo de Santiago
O Ateneo de Santiago acollerá o vindeiro luns 19, ás 19.30 horas, a conferencia titulada 'O Atlas Lingüístico Galego: 50 anos despois', unha cita centrada na análise dun dos proxectos científicos máis relevantes para o estudo da lingua galega. A sesión terá lugar na sede do Ateneo, situada na rúa do Vilar, 19.…

O máis lido

A narración en galego do Xeorxia-España abre unha onda de reaccións nas redes
A retransmisión do Xeorxia-España deste sábado na Televisión Española encheu as redes de reacción. TRVE ofrece, por primeira vez na historia, a posibilidade de seguir a narración en galego dos partidos da Selección Española de fútbol. Pero esta fin de semana, a opción de Audio 1, é dicir, a que vén por defecto, era en…
Ana Peleteiro celebra o rexurdir do galego entre a mocidade: “Faime moita ilusión ver como se fala cada vez máis”
A atleta galega Ana Peleteiro, campioa europea e unha das deportistas máis destacadas do país, expresou a través das súas redes sociais a ilusión que lle produce percibir un maior uso do galego entre a xente nova. “Estou notando que a xente nova fala moitísimo máis galego”, afirmou nun vídeo que rapidamente se fixo viral.…

Testemuños

Falar a lingua do país faime parte deste lugar do mundo, que agora é o meu fogar.

Yamini Prabhu

Yamini Prabhu

India

Falar galego é importante porque axuda a integrarse mellor

Paulo Goveia

Paulo Goveia

Angola

Estar en Galicia é a oportunidade de coñecer este mundo deste aquí

Christina Weiler

Christina Weiler

Estados Unidos