Skip to content Skip to footer

Neo Rede

Actualidade

Investigadoras da USC alertan da perda de variantes lingüísticas co uso da IA nas transcrición da lingua oral
Os sistemas de intelixencia artificial capaces de converter a fala en texto poden modificar palabras, eliminar características dialectais e mesmo transformar a lingua empregada por unha persoa durante unha conversa. Estas son algunhas das dificultades identificadas polas investigadoras Adina Vladu e María Pérez Lago, que este xoves participaron na IV Xornada sobre Variación e Cambio…
Rubén Gutiérrez, o madrileño que aprendeu galego no rural e acabou facendo música na lingua que o acolleu
Rubén Gutiérrez naceu en Madrid e pasou a súa infancia en Fuenlabrada, unha cidade do sur da comunidade madrileña. Sen antecedentes familiares en Galicia nin contacto habitual coa lingua galega, decidiu trasladarse coa súa parella a unha pequena aldea de Quiroga cando tiña 23 anos. O que comezou como unha mudanza motivada polo desexo de…
María, neofalante de Vigo: “Ás veces custa manterse no galego, pero hai que comezar con pequenos xestos”
María Pereira Otero naceu en Vigo nunha familia na que o galego estaba presente, pero non era a lingua habitual de comunicación. Hoxe traballa no ámbito da xestión cultural e mantén unha relación estreita co idioma tanto na súa vida profesional como persoal. Porén, o seu camiño como neofalante comezou en Santiago de Compostela, cando…

Testemuños

Falar a lingua do país faime parte deste lugar do mundo, que agora é o meu fogar.

Yamini Prabhu

Yamini Prabhu

India

Falar galego é importante porque axuda a integrarse mellor

Paulo Goveia

Paulo Goveia

Angola

Estar en Galicia é a oportunidade de coñecer este mundo deste aquí

Christina Weiler

Christina Weiler

Estados Unidos