Ir ao contido Ir ao pé de páxina

Axudámoste

< Todos os temas
Imprimir

Onde se fala o galego e canta xente o fala?

O galego fálase na Comunidade Autónoma de Galicia (España), situada no noroeste da Península Ibérica, e nas comarcas limítrofes de Asturias, León e Zamora. Tamén é falado por comunidades de inmigrantes en América Latina (sobre todo en Arxentina e Uruguai), Europa (especialmente en Alemaña, Suíza e Francia) e España (Cataluña, Madrid e País Vasco, fundamentalmente). En total, fálano arredor de dous millóns e medio de falantes, dos cales aproximadamente dous millóns téñeno como primeira lingua e úsano correntemente na súa vida diaria. Galicia ten na actualidade arredor de 2.700.000 habitantes.

Fonte – Consello da Cultura Galega

Table of Contents