O estudo da lingua e a literatura galega é obrigatorio en Galicia en todos os niveis educativos pre-universitarios. As tres universidades galegas (A Coruña, Santiago e Vigo) ofrecen estudos de lingua e literatura galegas a nivel superior. Nalgunhas universidades europeas e americanas tamén existen cátedras ou seminarios de estudos galegos.
En Galicia
A principal oferta…
Cun brillante pasado literario na Idade Media, o galego quedou reducido a lingua falada durante séculos. No século XIX comezou un brillante cultivo poético, antes da metade do século XX desenvolveuse unha importante produción literaria, e nas últimas décadas pulou unha importante industria editorial (cun promedio de 1.300 títulos novos en galego cada ano), e…
En Galicia fálanse dúas linguas, o galego (propia do país) e o castelán (xeral de España). Historicamente, o castelán foi a lingua dominante, social e culturalmente, mentres que o galego se viu marxinado. Na actualidade, o galego ten recoñecido o status de lingua oficial de Galicia (tamén o castelán o é), e está introducido no…
O idioma galego deriva do latín falado no noroeste da Hispania. Como idioma neolatino, forma familia co castelán, o catalán, o francés, o italiano e as outras linguas romances. É un idioma moi estreitamente emparentado co portugués, co cal ten unha historia practicamente común ata a metade do século XIV. A pesar dunha deriva histórica…
O galego fálase na Comunidade Autónoma de Galicia (España), situada no noroeste da Península Ibérica, e nas comarcas limítrofes de Asturias, León e Zamora. Tamén é falado por comunidades de inmigrantes en América Latina (sobre todo en Arxentina e Uruguai), Europa (especialmente en Alemaña, Suíza e Francia) e España (Cataluña, Madrid e País Vasco, fundamentalmente).…