Ir ao contido Ir ao pé de páxina
Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento pasou.

I Festival Folclórico Internacional de Gondomar

21 Xul, 2023, 22:30 - 23:30

Como continuidade do labor a prol da salvagarda, promoción e difusión da cultura tradicional do noso folclore, o Concello de Gondomar dá un paso máis adiante organizando o I Festival Folclórico Internacional de Gondomar que se celebrará o vindeiro venres 21, a partir das 22:30 horas na Praza Paradela.
Con grupos de música tradicional de Alemaña e Senegal, xunto aos veciños do Etnográfico A Buxaina do CRAC de Coruxo, e Treboada Son Galego de Donas.
O grupo Balinger Danzensemble, de Suabia – Alemaña, foi fundado en 1965 e está dirixido por Manfred Stingel. Na actualidade ten máis de 500 membros divididos en diversos grupos culturais. O enfoque da asociación radica no cultivo da danza e a cultura musical de Suabia. Hai grupos de danza, músicos, un coro, pero tamén un arquivo cultural para preservar os costumes da rexión. O grupo de danza folclórica vive o entendemento internacional a través dun vivo intercambio internacional con outros grupos. Por unha banda, o grupo actúa como un anfitrión amigable e convida a moitos grupos culturais e xuvenís internacionais, doutra banda, visitáronse moitos festivais en todo o mundo. O grupo de danza folclórica de Frommern vese a si mesmo como un embaixador cultural e representante de Suabia. Asemade tamén está conformado por diferentes grupos de baile, cualificados segundo a idade dos seus integrantes. No festival de Gondomart participará o Balinger Dance Ensemble, que conta con persoas de 13 a 28 anos bailando.
Desde Senegal visitaranos o ballet Kassoyumaye, composto por mozos sen distincións de raza, relixión, nin diferenzas políticas. Foi fundado no mes de marzo de 1987 en Dalifort. O seu nome, elixido polos propios membros do grupo, sinala a paz e a solidariedade que debe existir entro os artistas, por iso é polo que se elixise “Kassoumaye” que significa Paz en linguaxe Diola (habitantes dunha rexión do sur de Senegal). A vocación do ballet Kassoumaye é a de informar, sensibilizar e formar aos nosos mozos sobre a arte para que o transmitan aos seus pobos. Son formados tanto en danza como en percusión caracterizándose o Djembe e o Soumba. Por outra banda, ten acadado multitude premios e recoñecementos a nivel nacional e internacional, así como participado en diversos festivais do mundo e moi especialmente en España, pois residen como traballadores de empresas industriais e agrícolas de Ribera del Fresno – Badaxoz, estando perfectamente integrados na sociedade ribereña e compaxinando as súas actividades laborais e artísticas.
O Grupo Etnográfico A Buxaina comeza a súa andadura folclórica no ano 1985. Camiña da man do Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (CRACC), onde os seus integrantes ensaian baixo a dirección do seu profesor de baile, Artur Pastoriza. A actividade levada a cabo polo Grupo Etnográfico A Buxaina non se limita á posta en escena de pezas da nosa música e baile tradicional, senón que como grupo etnográfico ten como obxetivo o estudo e a difusión da cultura galega no máis amplo sentido. Así mesmo, podemos destacar que A Buxaina traballa arreo todo o ano, non só nos seus ensaios no CRAC de Coruxo, senón tamén levando a cabo a organización anual de proxectos relevantes para a súa parroquia como son o Festival Folclórico Internacional de Coruxo e a Homenaxe ao Gaiteiro. A Homenaxe ao Gaiteiro é un acto de carácter autonómico que ten por obxectivo homenaxear e poñer en valor a aquelas persoas que ao longo da súa vida fixeron algún tipo de labor que axudou divulgar e conservar a nosa cultura e as nosas tradicións. O Festival Folclórico Internacional de Coruxo é un acto de carácter internacional que funciona como espazo de encontro intercultural. O obxetivo deste evento é coñecer o folclore e a cultura de grupos de diferentes partes do mundo a través do seu baile e a súa música. Este grupo tuvo a oportunidade de participar en festivais folclóricos a nivel nacional e tamén de representar o folclore galego en diferentes lugares como Alemaña, Portugal, Francia, Castellón, País Vasco ou Asturias. Ademais, A Buxaina conta cunha prometedora canteira de bailadores e pandereteiras na súa escola infantil, o que supón para A Buxaina o medio para continuar coa súa labor de mantemento da cultura galega, botando man das novas xeracións que queiran seguir os seus pasos.

Detalles

Data:
21 Xul, 2023
Tempo:
22:30 - 23:30
Categoría Evento:
Etiquetas Evento:
,
Páxina web:
https://www.facebook.com/concellodegondomar/

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.